Portada :: Accións :: IU Exterior estrea a sua web en sete idiomas con motivo do Día Internacional da Tradución

IU Exterior estrea a sua web en sete idiomas con motivo do Día Internacional da Tradución

«Coa tradución da nosa ventá ao mundo queremos non só establecer vínculos máis estreitos con organizacións irmás nos países nos que residimos, senón tamén representar a diversidade real do Estado Español e das súas linguas», asegura a Portavoz Nerea Fernández.

A federación de Esquerda Unida no Exterior (IU Exterior) estreou este mércores 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, unha nova versión da súa páxina web en sete idiomas: inglés, francés e alemán (que cobren, xunto coa versión xa existente en castelán, o groso das linguas faladas nos países de residencia da súa militancia); ademáis de catalán, galego e éuscaro.

«Coa tradución da nosa web, que é a nosa ventá ao mundo, queremos non só establecer vínculos máis estreitos con organizacións irmás nos países nos que residimos», asegura a coportavoz de IU Exterior Nerea Fernández, «senón tamén representar de maneira máis fiel a diversidade real do Estado español e as súas linguas».

La traducción, que por el momento comprende los elementos comunes de la web, ha sido realizada por el recientemente creado Grupo de Trabajo de Traducciones de la federación, compuesto por militantes y simpatizantes residentes en países tan distantes como Alemania, Austria, Bélgica, Chile, Estados Unidos, Francia, Lituania, Reino Unido o Rusia, además de con la colaboración de compañeras de Ezker Anitza-IU. Este grupo será el encargado, a partir de ahora, de traducir las notas de prensa publicadas en un futuro a las lenguas que sean pertinentes, según el interés de la información publicada.

«Dende EU Exterior convidamos a aqueles e aquelas militantes e simpatizantes que queiran contribuír con outras linguas, ou sumarse ás xa existentes, a unirse ao grupo de traballo», anima o coportavoz da federación Eduardo Velázquez. Para iso, poden facelo a través do correo exterior.comunicacion@izquierdaunida.org.

Acerca de IU Exterior

A Federación do Exterior de Esquerda Unida naceu en abril de 2017 para mobilizar politicamente á emigración española darlle voz ás súas reivindicacións. Actualmente contamos con asembleas estables en Bruxelas, Bélxica, Berlín e Frankfurt, en Alemaña; Luxemburgo; Zúrich, en Suíza; en Lyon y Toulouse, en Francia; e en Buenos Aires, Arxentina. Ademais, a federación dispón da asemblea EU Global, por medio da cal participa a militancia dispersa polo mundo sen acceso a unha asemblea local propia.

gl_ESGalego
es_ESCastellano en_GBEnglish (UK) fr_FRFrançais euEuskara caCatalà de_DEDeutsch gl_ESGalego