Portada :: I Asemblea de EU Exterior

I Asemblea de EU Exterior

Os días 29 e 30 de abril de 2017 celebrouse en Bruxelas a primeira asemblea da Federación de Esquerda Unida no exterior (EU Exterior). Desta Asemblea, chea de debates e espazos de compañeirismo, saímos cunha dirección, uns documentos organizativos e uns plans de traballo sectoriais que nos gustaría explicarvos brevemente. Pero en primeiro lugar, poñámonos en contexto.

Algunhas de nós, militantes de Esquerda Unida desde o exterior, chegamos ás nosas actuais cidades de acollida naqueles tempos nos que só se podía militar no Partido Comunista de España de xeito clandestino. Tempos de xuízos sumarios e penas de morte, de traballadores convidados e peonaxes, pero tamén de loita e esperanza. Outras saímos de España durante os derradeiros anos, e na época na que a mal chamada crise mandou a paseo tódolos nosos proxectos de vida, condenándonos ao paro, a precariedade e o exilio. Todos e todas mantivemos a nosa militancia ao longo dos anos e en circunstancias difíciles. Contar coa experiencia vital e de loita de diferentes xeracións de persoas emigrantes, é un tesouro, pero para poñelo en valor cómpre que nos organicemos do xeito máis adecuado.

Tradicionalmente, a militancia de IU no exterior organizouse en federacións por países como as de Alemaña, Bélxica, Francia, Luxemburgo, Suíza e Suecia. Esta estrutura funcionou ben nun contexto migratorio no que a maioría de persoas emigraban a un país e permanecían alí durante un longo período de tempo. Porén, o contexto actual, caracterizado pola flexibilidade e a precariedade laboral, con frecuentes cambios de residencia e de traballo, e no que moitos e moitas militantes se atopan xeograficamente illados, impoñía un modelo distinto. É por iso que cumprindo o mandato da XI Asemblea Federal, entre todas e todos creamos a Federación de IU no exterior.

A Federación de IU no Exterior nace co obxectivo de organizar o traballo político da militancia que reside e traballa fóra de España nunha única estrutura, en contacto directo coas asembleas de base e a militancia, e con presenza nas reunións da Coordinadora Federal e da Asemblea Político e Social, para das e dos emigrantes estea sempre presente.

A dirección elixida na I Asemblea está composta por un grupo de oito compañeiras e compañeiros elixidos por sufraxio directo entre a militancia e con responsabilidades paritarias no grupo de voceiros (Marta Mosquera e Eduardo Velázquez), de Organización de Finanzas (Alicia de Medina e Miguel Sánchez), de Acción Política (Teresa Laguna e Alejo Beltrán) e de Comunicación Política (María Martínez e Gonzalo Montoro). Concluímos que a mellor maneira de contribuír á construción desde novo país que soñamos é centrar a nosa atención política nos movementos sociais e sindicais que traballan os conflitos laborais e sociais das persoas emigrantes de nacionalidade española, e na construción de espazos unitarios de loita. Tamén consideramos importante estender a nosa organización a novas cidades e países, poñer a traballar á militancia xeograficamente illada e construír un novo discurso sobre a recente onda de emigración, deixando claro que as cifras da mesma están subestimadas, que non se trata só de persoas novas e formadas.

A continuación podes descargar tódolos materiais relacionados coa I Asemblea de EU Exterior, incluíndo os documentos organizativos elaborados e a acta da mesma.

gl_ESGalego