Portada :: Qué e IU Exterior

Qué e IU Exterior

A nova federación de EU Exterior nace porque entendemos que o contexto migratorio cambiou e necesitamos unha nova estrutura que se adapte mellor ao mesmo. A estrutura formada polas antigas federacións por países funcionaba ben no contexto da ondada migratoria dos anos 60-70, na que moitas persoas emigraban a un lugar concreto, ben como “ traballadores convidados” na industria, ou noutro tipo de traballos, e permanecían alí durante anos, ou incluso décadas. O fenómeno migratorio que comeza a partires do 2010 e como consecuencia da crise económica ten características moi diferentes.

Boa parte das máis de 2,5 millóns de persoas que saíron fóra de España nos últimos sete anos concéntrase nas grandes e medianas cidades de países como o Reino Unido, Alemaña, Francia, Bélxica, pero tamén hai xente que vive noutros países europeos como Austria ou Suíza e tamén en América Latina, EEUU, e mesmo Asia. A existencia das antigas federacións históricas en países como Francia, Alemaña ou Bélxica plantexaba o problema de como coordinar o traballo dos militantes que vivían noutros países. A nova estrutura organizativa permite por un lado un contacto máis directo entre a militancia e as estruturas de IU-federal e polo outro, coas persoas que viven en lugares distantes daqueles onde funcionaban as antigas federacións por países poidan incorporarse a IU Exterior.

O noso reto principal é conseguir que o conxunto de militantes de IU no exterior traballen de forma organizada independentemente da cidade, do país e do continente no que se atopen, reforzando as asembleas de base xa existentes e creando novas asembleas. Ademais, fixámonos como obxectivo que a militancia se implique no traballo sobre os conflitos laborais que afectan aos migrantes participando nas redes de solidaridade xa existentes e contribuíndo a xeralas nos lugares onde aínda non están.

gl_ESGalego